O Concello de Viveiro quere conmemorar a súa feira renacentista

AMariñaXa
Este ano, o Concello de Viveiro quere conmemorar con a súa feira renacentista aínda que non poden celebrala como se merece
1-viveiro-feira-renacentista-2021
5 Xul 2021

Este ano, o Concello de Viveiro quere conmemorar con ledicia a súa feira renacentista aínda que non poden celebrala como se merece pola pandemia do coronavirus.

Por iso, queren que entre os próximos días 10 e 13 os turistas e visitantes que se acheguen ao municipio o fagan co traxe renacentista para saír a pasear e facer unha foto co hashtag #viveirorenace

Despois, haberá que enviala ao 676 877 799 e poderanse gañar vales para gastar na hostalería de Viveiro e unha cea+cocktail. Repartiranse 660 euros en premios.

Con esta iniciativa, desde o Concello de Viveiro, coa colaboración das dúas asociacións de hostalería, preténdese recuperar a esencia da feira renacentista e ademais, axudar a un dos sectores más afectados pola pandemia.

viveiro-feira-renacentista-2021
0.20484709739685