O Concello de Viveiro quere acondicionar o saneamento de Celeiro
O Concello de Viveiro informou do proxecto de saneamento de Celeiro e mellora da condución vertido da EDAR de Viveiro, este sae publicado no Boletín Oficial da Provincia de Lugo do xoves 20 de maio.
No anuncio deste proxecto concédense, polo tanto, un prazo de 20 días hábiles de exposición pública do mencionado proxecto, contados a partir da publicación deste anuncio no BOP.
Este proxecto, que se atopa a disposición do público no Departamento de Urbanismo e Medio Ambiente do Concello de Viveiro, inclúe actuacións no saneamento de Celeiro. Concretamente, abarca a substitución do emisario, conduto que recolle as augas residuais; e actuacións no bombeo definitivo de Rego.
Por outra banda, o Concello presentará unha solicitude á Xunta para declarar a zona antiga de Celeiro como área de rehabilitación integral xa que como vila mariñeira conta cun amplo número de casas diferente tipoloxía e o que se pretende é conservalas.