O Concello de Viveiro publicou as bases para ás axudas da reactivación económica

AMariñaXa
O Concello de Viveiro informa á veciñanza de que no Boletín Oficial da Provincia de hoxe, 22 de xullo de 2020, publicouse o anuncio das bases reguladoras e a convocatoria de axudas para a o impulso da actividade económica local.
castroviladonga
22 Xul 2020

O Concello de Viveiro informa á veciñanza de que no Boletín Oficial da Provincia de hoxe, 22 de xullo de 2020, publicouse o anuncio das bases reguladoras e a convocatoria de axudas para a o impulso da actividade económica local.

Poden optar ás mesmas os autónomos, microempresas, pequenas empresas, comunidades de bens, sociedades civís ou entidades económicas empresariais sen personalidade xurídica, obrigados a suspender a actividade pola pandemia.

O prazo para a presentación de solicitudes será de un mes, dende mañá ata o 23 de agosto. As bases e anexos están publicadas na web municipal, tanto no apartado de novas como no taboleiro de anuncios da sede electrónica.

Estas axudas, ás que se destinan 400.000 euros, cun importe de 850 euros por cada beneficiario, forman parte do Plan de reactivación económica acordado con Por Viveiro, por un importe total de 500.000 euros.

Este acordo fíxose público en data 3 de maio de 2020, sendo o Concello de Viveiro un dos primeiros en anunciar un plan de reactivación económica que se acordou co obxectivo de minimizar o impacto social e económico provocado pola pandemia do COVID-19.

“Coa aplicación do Plan de Reactivación Económica, o Concello de Viveiro quere crear, dentro das súas competencias, unha canle de axuda específica para o sector empresarial máis afectado polo peche da actividade, co obxectivo de garantir a viabilidade dos centos de postos de traballo afectados polo cese da actividade do Estado de Alarma, mantendo o tecido empresarial e garantindo o emprego existente, como eixe fundamental para preservar a economía do municipio”, afirma a alcaldesa, María Loureiro.

Tras o anuncio do acordo adoptado entre Por Viveiro e o goberno municipal, o concello realizou os trámites legais pertinentes para poder proceder ao anuncio e convocatoria destas axudas, publicados no día de hoxe, un momento no que a situación económica do municipio precisa deste tipo de iniciativas atendendo tanto ás consecuencias derivadas do peche durante o Estado de Alarma como ás limitacións e restricións provocadas polo rebrote de COVID-19 que afectou á comarca da Mariña.

0.19606494903564