O Concello de Viveiro precisa un técnico de servizos económicos

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Concello de Viveiro informa aos veciños e veciñas de que, no Boletín Oficial da Provincia de hoxe, 28 de xullo, publicáronse as convocatorias para a contratación temporal dun técnico de servizos económicos, por un lado, e para a creación dunhas listas de emprego para a cobertura temporal das prazas de condutor, polo outro.
28 Xul 2020

O prazo para a presentación de solicitudes para o proceso de selección temporal de un técnico de servizos económicos mediante a modalidade de funcionario interino, por incapacidade temporal do traballador que vén ocupando o referido posto, é de cinco días hábiles a contar dende o día seguinte ao da publicación da convocatoria no BOP, é dicir, desde mañá, mércores 29 de xullo, ao martes 4 de agosto.

O prazo de presentación de solicitudes para o proceso de selección de persoal para integrar as listas de emprego para a cobertura temporal das prazas de condutor nas categorías profesionais de operario-condutor de emerxencias, oficial primera parques e xardíns condutor tractor e oficial primeira obras condutor, é de dez días hábiles a contar dende o día seguinte ao da publicación da convocatoria no BOP, é dicir, do mércores 29 de xullo ao martes 11 de agosto.

As bases e anexos de ambas convocatorias están publicadas na páxina web do concello e no taboleiro de anuncios dixital.

0.19144010543823