O Concello de Viveiro pon en marcha os Obradoiros de Nadal para nenos e nenas de 3 a 12 anos
AMariñaXa
Viveiro pon en marcha os Obradoiros de Nadal para nenos e nenas de 4 a 12 anos, que nesta ocasión amplían a súa oferta ata as 60 prazas.
19 Dec 2023
O Concello de Viveiro pon en marcha os Obradoiros de Nadal para nenos e nenas de 3 a 12 anos. En total son sete os obradoiros de balde que se ofrecen dende o martes 26 de decembro ata o xoves 4 de xaneiro, en horario de 10.00 a 14.00 horas no pavillón do colexio Lois Tobío.
“Estes obradoiros están enfocados ao Nadal co desexo de que os nenos e nenas se divirtan e teñan tempo de lecer nestas datas tan especiais para todos”, subliña Lara Fernández Fernández-Noriega, concelleira de Cultura.
As temáticas dos obradoiros van dende a realización de adornos de Nadal; experimentos; bromas; unha ginkana; dulceiros; música, e moitos xogos.
As inscricións realizaranse mediante formulario online que se pode solicitar no número de Whatsapp 654 20 83 33.