O Concello de Viveiro pide unha sala de agarda no xulgado para as víctimas de violencia

TerraChaXa | AMariñaXa
O Concello de Viveiro pide unha sala de agarda no xulgado para as víctimas de violencia. Aprobouse por unanimidade.
1 Dec 2020

O Pleno ordinario do Concello de Viveiro aprobou por unanimidade unha moción presentada por todos os grupos da corporación para esixir a posta en marcha de manera inmediata da sala de agarda das vitimas de violencia de xénero do xulgado de Viveiro.

Esta moción foi presentada de forma conxunta por todos os grupos políticos, segundo o acordado na Mesa Local de Coordinación contra a Violencia de Xénero que tivo lugar o pasado venres, formada por representantes das forzas e corpos de seguridade (Policía Local, Policía Nacional e Garda Civil), dos centros educativos, do Centro de Saúde, da Oficina de Emprego, do Xulgado, dos grupos políticos municipais, por diversos departamentos municipais (servizos sociais, oficina de inmigración e CIM), da Subdelegación do Goberno e pola concelleira de Muller, Lara Fernández, estando presidida pola alcaldesa, María Loureiro.

Tal e como se explicou na Mesa Local do pasado 27 de novembro pola alcaldesa, o Concello de Viveiro remitiu á Dirección Xeral de Xustiza en abril de 2019 un escrito explicando que no pleno de 27 de febreiro de 2012 se acordara realizar os trámites necesarios para ceder unha serie de locais de titularidade municipal ao Xulgado de Viveiro, coa finalidade de poder ampliar e mellorar as súas instalacións, instando a que esta cesión de formalizase á maior brevidade posible.

A resposta que recibiron desde a consellería de Xustiza era que ata o momento non se fixera nada polo feito de que non estaba consolidada a cesión do edificio contiguo ao Xulgado por parte do Concello de Viveiro, responsabilizando ao propio Concello da dilación na tramitación do procedemento.

Actualmente esa cesión xa está materializada desde o verán de 2019 e, en posteriores reunións desde a Consellería de Xustiza afirmouse que as obras comenzarían a finais de ano.

Por parte de Marco López López, membro da Mesa Local de Coordinación Interinstitucional fronte á Violencia de Xénero, puntualizouse que efectivamente se fixeron obras no edificio contiguo ao Xulgado, cedido polo concello de Viveiro, que remataron fai pouco, pero que ditas obras pertencen á ubicación do arquivo do Xulgado nª2, competente en materia de violencia de xénero, no que se realizou xa a dixitalización da busca dos expedientes.

Tamén puntualizou que o arquivo do Xulgado nº 1 non vai para esa mesma ubicación xa que aínda non se iniciou ningún trámite para dixitalizar a busca dos expedientes físicos. Tendo en conta que por parte do mesmo tamén se fai constar que non se iniciou ningunha obra para acondicionar unha Sala de Agarda para as vítimas de violencia de xénero, tema solicitado reiteradamente.

Tendo en conta que tamén se solicitou que a Sede xudicial de Viveiro se teña en consideración como un todo e non como un Xulgado ou outro, xa que traballan de maneira coordinada, manifestando que no momento en que se traslade o arquivo do Xulgado nº 2 ás dependencias habilitadas no edificio contiguo, as dependencias que queden libres poderían ser acondicionadas como Sala de Agarda pero que a día de hoxe non se iniciou ningunha obra que se tiña prometido estaría lista a finais do ano 2019. Por todo isto reiteraron o recordatorio e solicitude do inicio de ditas obras de acondicionamento da Sala de Agarda para vitimas de violencia.

En relación con este rogo e en virtude do exposto, por parte dos representantes dos grupos políticos presentes na mesa, acordouse presentar unha moción conxunta e urxente no Pleno, para dar traslado do rogo referido.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17552590370178