Viveiro pide conciencia medioambiental no exterior do punto limpo

AMariñaXa
O Concello de Viveiro apela á responsabilidade e conciencia medioambiental para evitar o depósito de enseres no exterior do punto limpo.
31 May 2022

O Concello de Viveiro apela á responsabilidade e conciencia medioambiental para evitar o depósito de enseres no exterior do punto limpo.

"Os luns é frecuente atopar gran cantidade de lixo depositado no exterior do punto limpo, polo que se apela á responsabilidade de todos para evitar este tipo de condutas", din dende o Concello.

Neste sentido, lembran que o punto limpo permanece aberto de luns a sábado, en horario de mañá e tarde. Ademais, préstase un servizo de recollida de enseres a domicilio, tamén gratuíto, para o que é preciso anotarse previamente chamando ao concello.

Dende o Concello faise un chamamento público á veciñanza para que actúe con responsabilidade e deixen de sucederse, dunha vez por todas, esas actitudes incivícas e irrespetuosas co medio ambiente. Advírtese, ademais, de que o concello xa adoptou as medidas oportunas para identificar ás persoas responsables destes actos.

0.16546392440796