O Concello de Viveiro organiza varias actividades con motivo da Noiteboa

AMariñaXa
O Concello de Viveiro organiza varias actividades con motivo da proximidade da Noiteboa, no marco do seu programa de Nadal. 
papa noel santa claus
23 Dec 2021

O Concello de Viveiro organiza varias actividades con motivo da proximidade da Noiteboa, no marco do seu programa de Nadal.  Hoxe, 23 de decembro, e mañá 24 de decembro, Papá Noel estará recollendo as cartas dos máis cativos, na caseta habilitada pola Asociación de Comerciantes Casco Histórico nos Xardíns de Noriega Varela ata ás 19:00.

Este venres, 24 de decembro, o Concello de Viveiro prepara dende ás 18:00 a “Troula de Noiteboa”, unha festa pensada para os máis pequenos. A cita inclúe música, globoflexia, concurso de panxoliñas e xogos comunitarios para ás familias. Será na Praza Maior e supón a antesala da chegada de Papá Noel a Viveiro.

Ademais, Papá Noel realizará nun vehículo un roteiro por diversos puntos de Viveiro. Ás 19:00 sairá dende Xunqueira, pasando pola travesía de Viveiro e chegando a Lodeiro. A continuación, dirixirase polo paseo marítimo cara Covas, Grallal e Cantarrana.

Doutra banda, tamén se ofrecerán roteiros no Vivertren con saída dende a estación de autobuses. Serán ás 12:00, ás 17:00 e ás 19:00, neste último Mamá Noel acompañará aos viaxeiros/as, para coñecer de primeira man as rúas de Viveiro na que Papá Noel entregará os agasallos.

O 25 de decembro, día de Nadal, organizarase o concerto de Carmen Díaz ás 19:00 e de Joni Ramos e Sundar Morning Club ás 20:30. As citas musicais serán na Praza Maior.

Para rematar a semana, o domingo 26 de decembro haberá un pasarrúas da man de “Espera que vou mexar”, nas rúas de Viveiro. O Concello de Viveiro recorda que as actividades exteriores están supeditas á meteoroloxía. Ademais, prégase aos asistentes o cumprimento das medidas sanitarias.

0.2189679145813