O Concello de Viveiro non recomenda o baño na praia de Celeiro

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Concello de Viveiro informa aos veciños e veciñas, por orde da Consellería de Sanidade, que durante un período temporal de quince días non se recomenda o baño na praia de Celeiro.
Dolmen descuberto en Vilalvite.
4 Xuño 2020

O Concello de Viveiro informa aos veciños e veciñas, por orde da Consellería de Sanidade, que durante un período temporal de quince días non se recomenda o baño na praia de Celeiro.

Esta medida vén motivada polos resultados obtidos nunha pre-analítica realizada pola Consellería de Sanidade, dentro da Campaña de Control das Zonas de Baño, nos que se superou nunha pequena porcentaxe os parámetros establecidos (as augas cun resultado de ata 1.000 e.coli considéranse aptas para o baño, sendo o resultado desa analítica de 1.100).

Durante a campaña de verán (que comeza a mediados de xuño), ante un resultado como este, Sanidade realiza unha contra-analítica aos dous días e se o resultado é favorable non afecta ao baño. Neste momento, como os resultados foron obtidos nunha pre-analítica fóra da campaña de verán, a consellería non realiza esa segunda proba aos dous días e o concello debe advertir que non se recomenda o baño durante un periodo temporal de quince días.

No día de hoxe, o Concello de Viveiro vai tomar mostras en tres puntos diferentes da zona de baño da praia de Celeiro para realizar unha analítica propia e realizar un control destas augas debendo manterse, en todo caso, a recomendación de non bañarse ata que a consellería realice unhas novas analíticas.

0.1271071434021