O Concello de Viveiro leva ao Pleno o novo contrato de limpeza viaria e recollida de residuos

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Concello de Viveiro tratará no Pleno extraordinario a aprobación do novo contrato para a prestación do servizo de limpeza viaria, recollida, transporte e tratamento de residuos sólidos urbanos e xestión do punto limpo de Viveiro, así como a aprobación do gasto correspondente ao referido contrato e a aprobación dos pregos de cláusulas administrativas particulares, prescripcións técnicas e memoria xustificativa.
16 Jun 2020

O Concello de Viveiro tratará no Pleno extraordinario a aprobación do novo contrato para a prestación do servizo de limpeza viaria, recollida, transporte e tratamento de residuos sólidos urbanos e xestión do punto limpo de Viveiro, así como a aprobación do gasto correspondente ao referido contrato e a aprobación dos pregos de cláusulas administrativas particulares, prescripcións técnicas e memoria xustificativa.

O contrato deste servizo sácase a licitación por procedemento aberto, estando suxeito a regularización armonizada polo seu importe e comprende, entre outras, diversas prestacións que ata o momento se realizaban a través de varios contratos ou, nalgúns casos, por persoal municipal, como por exemplo a recollida de enseres a domicilio ou a recollida de cartón a establecementos comerciais do casco histórico. O feito de aunar a recollida de todo tipo de residuos nun mesmo contrato redundará positivamente nunha xestión mellor e máis eficaz.

Quedaría fóra deste contrato a recollida de vidro, xa que o Concello de Viveiro está adherido ao convenio marco entre a Xunta de Galicia e Ecovidrio, polo que a entidade Ecovidrio se encarga dos contenedores, limpeza e recollida, a coste cero para o concello, percibindo unicamente como contraprestación polo servizo o recibido polo propio valor do vidrio recuperado. Queda fóra tamén a recollida de aceite, que se presta pola Mancomunidade tamén a custe cero para o concello.

Con respecto á recollida de residuos, inclúe a recollida de residuos da fracción resto; residuos de mercado municipal, mercados ambulantes e mercadillos; residuos de feiras, festas e eventos, con mención especial ao Resurrection Fest; animais mortos; residuos procedentes de actividades de limpeza viaria; recollida selectiva de fracción envases lixeiros; fracción papel cartón nas súas dúas variantes, tanto contenerizada como porta a porta para establecementos comerciais do casco histórico; recollidas especias, como no caso de pilas; recollida a domicilio de residuos voluminosos e de RAEEs, que agora haberá que realizar de forma separada; ou a xestión do punto limpo.

No apartado de limpeza viaria inclúse a limpeza de beirarrúas, calzadas, espazos públicos e zonas peonís; limpeza de manchas de aceite, grasas, ceras, chicles, etc.; rego e baldeo de vías públicas; baleirado de papeleiras; limpeza de ubicacións de contenedores; limpeza de imbornales; limpeza de mercados e mercadillos; limpezas de emerxencia ou limpeza de actos festivos e eventos, tanto antes como despois da súa celebracion, entre outros.

Nos pliegos establécese que o prazo de duración inicial do contrato será de catro anos, coa posibilidade de prórroga de 1 ano máis, sendo o presuposto base de licitación polos 4 anos iniciais do contrato de 6.163.113,52 euros. O tipo de licitacion anual establécese en 1.400.707,62 € ao ano, IVA incluído.

Entre a documentación obrante no expediente constan os informes preceptivos e memoria xustificativa do contrato. Tamén consta o estudo comparativo entre a xestión con medios propios e a xestión mediante empresa externa, concluíndo a favor da prestación do servizo mediante empresa externa.

Para chegar a esta conclusión realizouse un estudo amplo e completo no que se foron analizando diversas cuestións xerais, como poden ser os modelos de xestión, os obxectivos da externalización ou as variables que afectan a un servizo externalizado fronte a un baixo xestión directa, e outras máis específicos, referidos á realidade concreta do noso municipio, identificando as súas características e atendendo á xeración de residuos en cada zona ou aos datos de recollida selectiva, entre outros parámetros.

Neste estudo sobre a viabilidade da municipalización do servizo fóronse respondendo distintas cuestións para chegar a unhas conclusións finais. En virtude do contido do mesmo cabe concluir que se considera mellor a xestión indirecta, tendo en conta a importante inversión que sería necesario realizar por parte do concello para a adquisición da maquinaría necesaria para a prestación do servizo e tendo en conta, así mesmo, as limitacións para a contratación do persoal necesario, que non se podería subrogar e que habería que incluír na oferta de emprego público coas limitacións establecidas pola taxa de reposición existente.

No estudo referido, tras analizar en profundidade todos estes aspectos, conclúese que para o Concello de Viveiro resulta máis beneficioso, dende un punto de vista económica e de eficiencia, a xestión indirecta deste servizo.

Estes pregos marcan os mínimos que a empresa adxudicataria debe ofrecer,  para que cada unha delas presente o seu proxecto, segundo o que consideren máis axeitado para Viveiro, atendendo ás súas características propias. En todo caso, inclúen esixencias con respecto a novas tecnoloxías para o control e seguimento do servizo e contemplan o cumprimento da normativa que entrará en vigor en breve, por exemplo, para a implantación do contedor orgánico.

Os servizos definidos neste expediente, a recollida de residuos, a limpeza viaria e xestión do punto limpo municipal resultan de capital importancia na calidade de vida dos veciños e veciñas de Viveiro e nas condicións do entorno do propio municipio. O Concello de Viveiro vén desenvolvendo importantes accións ao longo dos últimos anos para garantir e mellorar os obxectivos apuntados.

Á hora de proxectar estes pregos, o Concello de Viveiro revisou en profundidade a totalidade dos criterios que inspiran os obxectivos operacionais. Así, entre outros, tivéronse en conta aspectos considerados esencias como o novo marco normativo, aspectos relacionados coa calidade e o control operativo dos servizos obxecto da presente licitacion, e consideracións medio ambientais.

Finalmente, o concello prevé neste contrato outros aspectos que permitan adaptalo aos novos comportamentos dos usuarios, esixencias normativas (como a recollida da fracción orgánica), correntes medio ambientais e de sostenibilidade, así como por primeira vez a incorporación de TICS, como espiña dorsal do proxecto.

Por todo isto e tendo en conta toda a documentación obrante no expediente, proponse ao pleno que se aproben os acordos incluídos neste punto para a prestación deste servizo.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.14655900001526