O Concello de Viveiro instala vitrinas informativas para mellorar a comunicación no rural

AMariñaXa
A iniciativa facilitará o acceso á información municipal e dinamizará a vida social das parroquias
Vitrina-informativa-parroquia-Viveiro-1
25 Feb 2025

O Concello de Viveiro, a través da Tenencia de Alcaldía e a Área de Medio Rural, pon en marcha o proxecto "Vitrinas Informativas para o Rural Viveirense", co obxectivo de mellorar a comunicación coas parroquias e dinamizar a súa vida social e cultural. Esta iniciativa permitirá a instalación de dez vitrinas informativas en puntos estratéxicos do municipio.

As vitrinas situaranse en espazos de referencia para a comunidade, como antigas escolas e vías de acceso frecuentadas, facilitando á veciñanza o acceso á información municipal e servindo como soporte para a difusión de actividades, eventos e anuncios das asociacións locais.

Os puntos de instalación serán: Landrove (Vial 778), Chavín (Vial 1110), Valcarría (Vial 1063), San Pedro (Escola vella), Magazos (Escola vella), Xunqueira (Vial 161), Galdo (Escola vella), Vieiro (Escola vella), Celeiro (Escola vella) e Faro (Escola vella).

O proxecto, que conta coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, responde á necesidade de fortalecer a conexión entre o Concello e as parroquias rurais, onde a dispersión poboacional dificulta o acceso á información. “As vitrinas permitirán reforzar o tecido asociativo, promover as actividades locais e dar visibilidade ao sector primario, poñendo en valor a importancia da agricultura e da gandaría no desenvolvemento económico e social de Viveiro”, destacan dende a organización.

⚙ Configurar cookies
0.15012812614441