O Concello de Viveiro inicia unha recollida solidaria de xoguetes polo Nadal
Inicia a tradicional campaña de Nadal de recollida de xoguetes, material escolar e libros infantís e xuvenís con fins solidarias, organizada conxuntamente polo Concello de Viveiro con Cruz Vermella.
O punto de recollida será a Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX), situada na Casa do Concello, en horario de 9.00 a 15.00 horas. Recollerase o material ata o día 26 de decembro.
"Un ano máis poñemos en marcha esta iniciativa solidaria para axudar á cativada con menos recursos, co fin de garantir que o Nadal sexa unha época de ledicia para todas as persoas de Viveiro", sinala a alcaldesa María Loureiro.
A campaña servirá para recolectar xoguetes, puzzles e outros materiais novos ou seminovos coa embalaxe orixinal e doalos a familias desfavorecidas, baixo o lema "ningún neno/a sen xoguetes novos". Os materiais non deberán estar empaquetados previamente.