O Concello de Viveiro impulsa unha enquisa sobre o Plan de Sostibilidade Turística

AMariñaXa
O Concello de Viveiro impulsa unha enquisa enmarcada no proceso participativo paralelo á redacción do documento de Plan de Sostibilidade
encuesta enquisa
17 Feb 2023

 O Concello de Viveiro impulsa unha enquisa enmarcada no proceso participativo paralelo á redacción do documento de Plan de Sostibilidade Turística en Destino de Viveiro.

Esta iniciativa, promovida dende o goberno local, ten como obxectivo presentar unha candidatura á Convocatoria Extraordinaria de Plans de Sostibilidade Turística en Destinos deste ano 2023, aberta pola Secretaría de Estado de Turismo.

O cuestionario busca recadar a opinión da veciñanza e do sector turístico sobre as accións prioritarias que se deben levar a cabo e que deben ser viables técnica e economicamente, ademais de estar na liña coas políticas europeas, nacionais e rexionais.

A enquisa está dispoñible dende hoxe e ata o próximo domingo 26 de febreiro.

Enlace á enquisa.

0.17116498947144