O Concello de Viveiro demanda manter a actividade na fábrica de Albo

AMariñaXa
A CIG reclama o mantemento da actividade na fábrica de Albo de Celeiro e pide a intervención da Xunta
traballadores albo celeiro manifestacion
28 Jun 2022

O Concello de Viveiro quere manifestar publicamente o seu apoio ás e aos traballadores de Conservas Albo, tras o anuncio por parte da empresa do peche da factoría de Celeiro.

O goberno municipal considera que esta “é unha triste noticia, que se suma aos peches empresarias que veñen sucedéndose nos últimos anos, deixando a Viveiro nunha mala situación industrial, o cal, unha vez máis, vén dado pola carencia de infraestruturas que comuniquen este termo municipal co resto do territorio galego e nacional”.

Despois de que a empresa anunciara ás traballadoras e traballadores o peche desta factoría, a alcaldesa María Loureiro mantivo unha xuntanza con parte do persoal para escoitar de primeira man esta información e as súas inquedanzas ao respecto.

Posteriormente, María Loureiro púxose en contacto coa dirección da empresa para manter unha reunión e coñecer a situación real e os motivos de dito peche.

Nesta xuntanza, que se celebrou por videoconferencia o pasado 3 de xuño, a empresa comunicou os motivos deste peche en Celeiro, que basean na concentración de toda a fabricación na factoría de Salvaterra, por cuestións de sostenibilidade e mobilidade. 

Ademais, informaron do seu ofrecemento para trasladar a todo o persoal a Salvaterra de Miño, manifestando por parte do Concello de Viveiro o seu desacordo con esta mobilidade, xa que os traballadores e traballadoras teñen aquí a súa vida, coas correspondentes cargas familiares.

O Concello de Viveiro púxose en contacto por este asunto co director xeral de Pesca, Antonio Basanta, estando neste momento pendente de concretar a data para manter unha reunión, na que por parte do goberno municipal se lle trasladará a súa preocupación ante este peche e solicitará “a súa colaboración e apoio para manter aberta a fabricación de Conservas Albo en Viveiro”.

Por parte do concello, bríndaselles ás traballadoras e traballadores todo o apoio e facilidades, dentro das propias competencias, para intentar que Conservas Albo reconsidere a súa decisión e, finalmente, poida garantirse o mantemento dos postos de traballo, ao tempo que se continuará esixindo á Xunta de Galicia a creación dun Plan de Industrialización para Viveiro e a comarca.

Calendario de folgas e mobilizacións

Así as cousas, as traballadoras e traballadores non se resignan e veñen de acordar un calendario de mobilizacións coincidindo co período de negociación do expediente de mobilidade. A primeira protesta terá lugar este, xoves 23 de xuño, cunha concentración diante da fábrica de 15.00 horas a 15.30 horas.

Para os días 27 e 29 de xuño e 4 e 6 de xullo están convocados paros parciais de dúas horas que se desenvolverán das 10h ás 12h. Ademais durante as horas de folga faranse as seguintes mobilizacións:

  • Mércores 29 de xuño, concentración diante da fábrica.
  • Luns 4 de xullo, concentración diante da fábrica. Ás 20h, concentración no Concello de Viveiro.
  • Mércores 6 de xullo, concentración diante da fábrica.

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.14310908317566