O Concello de Viveiro dá a benvida ao seu programa de Nadal

AMariñaXa
'Viveiro ante o berce' está aberto para a súa visita de 10,00 horas da mañá a 00.00 horas da noite
VIVEIRO-10-DEC-Luces-e-Belén-1
10 Dec 2024

O Concello de Viveiro deu a benvida á súa tempada de Nadal na pasada fin de semana co acendido das luces e a inauguración do Belén a tamaño real 'Viveiro Ante o Berce'. A xornada de inauguración do Belén, situado, como todos os anos, na zona do atrio de Santa María, incluíu tamén unha chocolatada e a actuación do coro do CEP Lois Tobío.

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro quixo destacar "as fermosas luces que alumean a nosa vila un ano máis", así como "o gran traballo das persoas encargadas de crear o Belén deste ano".

"O noso belén é un importante reclamo turístico, como se demostra co grande número de visitantes que recibe ano tras ano", sinala a rexedora. Engade nese sentido: "Isto, sumado ao alumeado, é unha garantía de que este nadal volveremos contar cunha considerable afluencia de xente, co que isto significa para a hostelería e o comercio local".

Tanto o Belén como as luces de nadal estarán dispoñibles para a súa visita ata mediados do mes de xaneiro de 2025. 'Viveiro ante o berce' está aberto para a súa visita de 10.00 horas da mañá a 00.00 horas da noite.

0.16430497169495