O Concello de Viveiro convoca unha reunión coa hostalaría para tratar a instalación das terrazas
AMariñaXa
Participarán nela a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, e a concelleira de Comercio, Iria Cotelo
Concello de Viveiro
29 May 2024
O Concello de Viveiro convoca unha reunión co sector hostaleiro para falar de diferentes aspectos arredor da instalación das terrazas no verán. A reunión terá lugar o vindeiro luns, día 3 de xuño, ás 16.30 da tarde na sala multiusos do Concello. Participarán nela a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, e a concelleira de Comercio, Iria Cotelo.
“Convocamos a todos os establecementos a participar desta reunión e falar deste tema, tan importante para o sector e co que queremos colaborar”, afirma a rexedora.