O Concello de Viveiro contará cun camión punto limpo móbil

AMariñaXa
O Concello de Viveiro contará cun camión punto limpo móbil para favorecer a recollida de determinados residuos
contedores lixo selectiva
16 sep 2022

O Concello de Viveiro contará cun camión punto limpo móbil para favorecer a recollida de determinados residuos e facilitar a súa correcta reciclaxe por parte dos veciños e veciñas. 

Xeramos moitos residuos e un dos retos importantes aos que se enfronta a nosa sociedade é levar a cabo unha xestión dos mesmos respectuosa e sostible; temos que implicarnos todos e todas na xestión do lixo, facéndoa máis responsable na correcta recollida selectiva, polo que a adquisición deste camión é un paso máis”, asegura a alcaldesa, María Loureiro.

O camión percorrerá tanto o casco urbano como as parroquias de Viveiro para recoller pequenos electrodomésticos, aceites vexetais, lámparas, pilas ou baterías, entre outros residuos.

O concello está a tramitar o expediente de contratación do camión, grazas a unha subvención da Consellería de Medio Ambiente con fondos Next Generation, e onte celebrouse a mesa de contratación, na que se procedeu á apertura de oferta e se acordou a proposta de adxudicación.

Este camión punto móbil será complementario ao punto limpo fixo xa existente na actualidade e favorecerá a recollida dos residuos e a súa clasificación, evitando a aparición de vertedoiros incontrolados e ilegais tan prexudiciais para o medio ambiente.

0.21550798416138