O Concello de Viveiro consegue a titularidade da explanada da variante

AMariñaXa
O Concello de Viveiro vén de consiguir a titularidade de varias parcelas nas inmediacións do paseo marítimo, entre elas a da variante.
viveiro variante cesion novembro 2022 2
14 Xul 2023

O Concello de Viveiro vén de conseguir a titularidade de varias parcelas ubicadas nas inmediacións do paseo marítimo, entre elas a explanada da variante.

Despois de varios anos de xestións e trámites, a alcaldesa María Loureiro asinou co Goberno do Estado o documento de cesión das parcelas.

Nos próximos días, Loureiro reunirase cos veciños da zona para explicarlles a tramitación e as xestións que houbo que facer, así como as actuacións que ten previsto facer o concello na explanada da variante e o resto das parcelas.

Loureiro agradece “a receptividade e a colaboración do goberno para acadar por fin un acordo de cesión, moi beneficioso para Viveiro”.

Neste sentido, cabe subliñar o importante e arduo traballo que se leva facendo dende o concello, resultando un proceso máis longo do inicialmente esperado que puido chegar á cesión final grazas á preocupación e insistencia do concello.

Ademais de tratarse dun proceso longo, requeriu da intervención de varias administracións pero, finalmente, permitiu que o concello conte coa titularidade dos terreos afectados e poida definitivamente proceder ao arranxo das zonas obxecto de cesión.

0.21774411201477