O Concello de Viveiro concede subvencións nominativas ao deporte de base local

AMariñaXa
O Goberno local de Viveiro mantén o seu apoio e compromiso co deporte de base local coa concesión das subvencións nominativas
casa do concello de viveiro
18 Nov 2022

O Goberno local de Viveiro mantén o seu apoio e compromiso co deporte de base local coa concesión das subvencións nominativas por un importe conxunto de 95.400 euros con 25 clubs e asociacións deportivas.

A través da tramitación de modificacións de crédito no orzamento municipal de 2022 con cargo ao remanente de tesourería de 2021, concedéronse estas subvencións dos que 63.900 euros corresponden a gastos de temporada, e 31.500 euros son en concepto de gastos de organización de diferentes eventos deportivos.

Ademais, o Concello de Viveiro colabora ao longo de todo o ano cos distintos eventos que se organizan no municipio, como mostra do seu compromiso co deporte e, sobre todo, no impulso do deporte base.

 “Na adxudicación destas subvencións deportivas téñense en conta determinados criterios segundo se trate de equipos séniors ou clubs que traballen con categorías inferiores. Neste último caso, se os colectivos ou asociacións están ubicados no concello, concédeselles un importe unitario de 1.500 euros como mínimo”, detalla a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro. 

“En xeral analízase a categoría na cal militan e valórase, asemade, a súa clasificación para competicións provinciais, galegas ou nacionais, xunto ao número de equipos, por categorías, dentro de cada club”, engade a alcaldesa. 

Á hora de que decidir ás subvención establécense diferencias entre aquelas entidades que deben desprazarse nun mesmo día a diferentes localidades para competir, as que incrementaron os seus gastos durante a temporada anterior por clasificarse para competicións de ámbito nacional ou as que, pola súa propia normativa, teñen que cumprir con determinados requisitos como a obrigatoriedade de levar un vehículo en carreira.

“Polo que respecta aos equipos séniors, concédeselles unha subvención de 500 euros a cada un deles polo tempo dedicado a ensinar e promocionar o deporte en categoría adultos”, recorda María Loureiro. 

Ademais, o Concello de Viveiro asume a xestión e os gastos de mantemento da Piscina Municipal, do Pavillón Municipal e do Campo Municipal Marcos Gómez, xunto ao pavillón do IES Vilar Ponte, que é utilizado por asociacións e colectivos deportivos fóra de horario escolar. Tamén se sufraga a luz e a limpeza parcial do pavillón de Celeiro.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17704510688782