O Concello de Viveiro anunciou aos premiados do Certame de Poesía Infantil Nadal 2023/24
O Concello de Viveiro anunciou aos premiados e premiadas do Certame de Poesía Infantil Nadal 2023/24. Os premios do mesmo serán entregados o sábado día 27 ás 13.00 horas na Biblioteca Municipal de Viveiro.
O gañador na categoría A, de ata 8 anos, foi Aleixo Mariño Gómez. As gañadoras na categoría B, de 9 a 11 anos, foron Mara López Fernández, Anne López Ferraz e Inés Mariño Gómez.
A concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega, que foi unha das integrantes do xurado, quixo transmitir ás premiadas e ao premiado “todos os parabéns do mundo, co desexo de que continúen participando na vida cultural e nas actividades do noso Concello”.
“Dende o Concello queremos darlles as grazas a toda a rapazada que participou neste concurso, e a todos os centros educativos que tiveron a ben propoñer esta actividade”, sinalou a concelleira.
Os premiados e premiadas participarán a continuación no certame a nivel provincial organizado pola Biblioteca Municipal de Lugo.