O Concello de Viveiro anuncia un posible plan B para a Cabalgata de Reis

AMariñaXa
No caso que as condicións meteorolóxicas non permitan seguir o plan previsto
reis-Cabalgata
4 Jan 2025

O Concello de Viveiro prepara e anuncia un plan B para a Cabalgata de Reis en caso de que as condicións meteorolóxicas impidan que esta se desenvolva como estaba previsto.

A alcaldesa María Loureiro sinala: "Dende o Concello vamos agardar ata o último momento para poder sacala adiante, xa que traballamos moito para facer unha cabalgata bonita e do agrado da xente. Porén, xa que as previsións meteorolóxicas non son moi alentadoras, temos este plan B para o caso de que chova e non poida sair o desfile", sinala a rexedora.

Neste caso, os Reis Magos estarán ás 19.00 horas no balcón da biblioteca para falar con todos os nenos e nenas, xa que tendo a carpa na praza pódense resgardar da choiva. A continuación, as súas maxestades recibirán a cada un dos nenos e nenas na sala multiusos como estaba previsto.

0.16799902915955