O Concello de Viveiro anuncia a convocatoria dunha praza de administrativo
O Concello de Viveiro anuncia a convocatoria dunha praza de administrativo pertencente á escala de Administración Xeral, subescala Administrativa e clase media, mediante o sistema de oposición, en turno libre.
Dende o Concello de Viveiro comunican que se publicou no Boletín Oficial do Estado do día 7 de outubro de 2021 o anuncio referente á convocatoria para provela.
A convocatoria e as bases xerais e específicas que rexen a convocatoria publicáronse no Boletín Oficial da Provincia de Lugo (BOP) número 209, de data 10 de setembro de 2021, publicándose no BOP número 214, de data 16 de setembro de 2021, a corrección de erros das referidas bases.
As bases están recollidas nos seguintes Boletíns Oficiais da Provincia, 10/09/2021 http://www.deputacionlugo.gal/sites/deputacionlugo.org/files/inline-files/10-09-2021.pdf#page=20 e a corrección de erros do 16/09/2021: http://www.deputacionlugo.gal/sites/deputacionlugo.org/files/inline-files/16-09-2021.pdf#page=10
Así mesmo, publicouse un extracto desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia número 184, de data 23 de setembro de 2021.
O prazo para a presentación das solicitudes é de 20 días hábiles contados dende o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial do Estado (BOE), é dicir a partir deste venres 8 de outubro, dita data tamén será a que marque o prazo de presentación de instancias. O anuncio no BOE está dispoñible en: https://www.boe.es/boe/dias/2021/10/07/pdfs/BOE-A-2021-16320.pdf