O Concello de Viveiro acollerá unha sesión informativa do programa 'Erasmus para Mozos e Mozas emprendedores/as'

AMariñaXa
A máxima responsable do programa na Comisión Europea, Natalia Martínez-Páramo, estará na Sala Multiusos do Concello ás 16.00 horas para dar a coñecer as vantaxes do programa
concello-de-viveiro-casa-consistorial-2022
21 Xul 2024

A Cámara de Comercio de Santiago organiza o vindeiro luns, 22 de xullo, unha sesión informativa do programa 'Erasmus para Mozos e Mozas emprendedores/as' coa Asociación de Comerciantes do Centro Histórico de Viveiro e co apoio do Concello de Viveiro.

A máxima responsable do programa na Comisión Europea, Natalia Martínez-Páramo, estará na Sala Multiusos do Concello ás 16.00 horas para dar a coñecer as vantaxes que o programa ten para pemes e como se pode participar nel.

Contarase coa experiencia directa de Luis Carreira, do agroecoturismo e granxa Arqueixal en Palas de Rei, quen contará a súa experiencia como caso de éxito no programa.

O programa está aberto a pemes, emprendedores, asociacións, fundacións e outro tipo de entidades que queiran beneficiarse do intercambio de experiencias, coñecementos e boas prácticas acollendo un emprendedor ou dono de peme con menos de tres anos de experiencia quen ven por medio dunha estancia subvencionada pola Comisión Europea noutro país europeo.

Este programa ofrece múltiples oportunidades de colaboración entre empresarios e emprendedores en Europa que se benefician dun apoio para o desenvolvemento dos seus negocios e a oportunidade de explorar novos mercados da man de mozas que á súa vez, aprenden da súa experiencia para mellorar as súas habilidades e consolidar as súas empresas.

O programa EYE cumpriu o pasado mes de marzo quince anos de vida acadando neste tempo xa máis de doce mil intercambios empresariais en Europa.

0.2235279083252