O Concello de Viveiro acolle un curso de fotografía dixital
AMariñaXa
O Concello de Viveiro acolle o sábado 21 e o 28 de amio un curso de fotografía dixital dirixido a aprender técnicas de toma de imaxes

2 May 2022
O Concello de Viveiro acolle o sábado 21 e o 28 de maio un curso de fotografía dixital dirixido a aprender técnicas de toma de imaxes na natureza para saber captar a paisaxe, utilizando a composición, a luz, o enfoque e os filtros.
A sesión terá lugar de 16.30 a 20.00 horas e a formación estará ao cargo de Os Negativos. As prazas para esta sesión son limitadas ata completar o aforo por iso piden que se faga unha inscrición no teléfono 649 037 300 ou 647 568 383.