O Concello de Viveiro abre o prazo para a selección dun condutor de motobomba

AMariñaXa
O Concello de Viveiro informa que o BOP publica a apertura do prazo para a presentación de instancias á selección de 1 condutor de motobomba.
bombeiro
20 Xul 2021

O Concello de Viveiro informa que o Boletín Oficial da Provincia de Lugo (BOP) de hoxe martes, 20 de xullo de 2021, publica a nova apertura do prazo para a presentación de instancias á selección de 1 condutor de motobomba. Dita praza está convocada para cubrir persoal laboral temporal mediante a modalidade de contrato laboral eventual por circunstancias da produción. 

Esta convocatoria realízase ao amparo de Convenio de Colaboración subscrito entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Viveiro para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais, cunha duración do contrato de 2 meses e medio.

As bases deste proceso están publicadas na páxina web do Concello (https://www.viveiro.es/) e no taboleiro de anuncios dixital.

0.18688201904297