O Concello de Viveiro aboou 491.000 euros en obrigas pendentes do exercicio 2024

O Concello de Viveiro fixo efectivo hoxe o pagamento de 491.000 euros correspondentes a obrigas pendentes derivadas da xestión do anterior equipo de goberno.
Do total da cantidade, 427.600 euros corresponden a facturas incluídas no recoñecemento extraxudicial de crédito, mentres que os restantes 63.400 euros se destinan a subvencións nominativas vinculadas aos exercicios 2023 e 2024.
Desde o actual goberno municipal sublíñase que se continúa a facer fronte a estes compromisos herdados, co obxectivo de regularizar os pagamentos cos provedores e coas entidades beneficiarias. Ao mesmo tempo, remarcan a intención de avanzar cara a unha xestión económica máis ordenada e sostible, que permita garantir a estabilidade financeira do Concello.