O Concello de Vegadeo pon en marcha actividades para facilitar a conciliación
AMariñaXa
O Concello de Vegadeo pon en marcha actividades e talleres para nenas e nenos de 3 a 12 anos, dirixidas a facilitar a conciliación.
3 Mar 2022
O Concello de Vegadeo pon en marcha actividades e talleres para nenas e nenos de 3 a 12 anos, dirixidas a facilitar a conciliación das familias.
Desenvolveranse ata o 25 de xuño, de luns a venres en horario de 17.00 a 19.00 horas e os sábados de 11.00 a 13.00 horas.
As actividades están subvencionadas polo Goberno do Principado de Asturias con cargo aos fondos recibidos do Ministerio de Igualdade, Secretaría de Estado de Igualdade e contra a Violencia de Xénero no marco do Plan Corresponsables.
Non é necesaria a inscrición aínda que o aforo está limitado. Para máis información haberá que chamar ao 985 634 022.