O Concello de Vegadeo organiza unha viaxe pola ruta dos beléns

AMariñaXa
O Concello de Vegadeo organiza un campamento de Nadal con actividades lúdicas para nenos e nenas de 3 a 12 anos
belen nadal estrela
12 Dec 2023

A Concellería de Igualdade e Benestar social de Vegadeo organiza unha viaxe a Villaviciosa para coñecer a ruta dos beléns.

Esta cita será o domingo 17 de decembro e a participación está aberta a toda a poboación. A saída farase ás 10.00 horas dende a estación de autobuses e volverase ás 20.00 horas.

O prezo da viaxe, de 30 euros por persoa, inclúe tamén o xantar no restaurante La Xana. Para máis información haberá que poñerse en contacto co Concello chamando ao teléfono 982 634 022.

ruta belen vegadeo 2023
0.19652104377747