O Concello de Vegadeo organiza unha actividade sobre robótica e novas tecnoloxías
AMariñaXa
O Concello de Vegadeo organiza unha actividade sobre robótica e novas tecnoloxías no recinto feiral do 26 ao 30 de xuño.
8 Xuño 2023
O Concello de Vegadeo organiza unha actividade sobre robótica e novas tecnoloxías no recinto feiral do 26 ao 30 de xuño. Haberá dúas quenda, a de nenos de 5 a 9 anos e a de 10 e máis anos.
Os máis pequenos estarán en horario de 10.00 a 12.00 horase será un mini curso de iniciación á robótica con Lego, programación, xogos tecnolóxicos e manexo de drons. Os maiores irán en horario de 12.00 a 14.00 horas e eles tratarán a robótica avanzada, o manexo e programación de drons, laser tag e realidade virtual.
A inscrición pode facerse online ata o 12 de xuño en www.vegadeo.es .