O Concello de Vegadeo organiza un obradoiro para aprender a relacionarse coas Administracións Públicas

O Concello de Vegadeo, a través do seu Servizo de Dinamización Tecnolóxica Local (SDTL), pon en marcha o obradoiro Como relacionarse coas Administracións Públicas, unha actividade pensada para axudar á veciñanza a manexar as ferramentas dixitais que permiten comunicarse coa Administración dun xeito sinxelo, rápido e seguro.
O curso desenvolverase na Casa da Cultura de Vegadeo (rúa Alameda, 12), entre os días 27 e 30 de outubro, en horario de 16:30 a 18:00 horas. Durante as sesións, as persoas participantes aprenderán a acceder a plataformas como a Axencia Tributaria, a Seguridade Social ou MiAsturSalud, así como a empregar o certificado dixital, o DNI electrónico ou o sistema Cl@ve. Tamén se lles ensinará a asinar documentos electronicamente e xestionar trámites dende a casa.
As inscricións poden realizarse chamando ao teléfono 985 634 405 ou a través do correo electrónico cdtl@vegadeo.es.
Desde o Concello de Vegadeo destacan que esta iniciativa é unha excelente oportunidade para mellorar a autonomía dixital da cidadanía e facilitar o acceso aos servizos públicos de maneira máis eficiente e accesible para todas as persoas.