O Concello de Vegadeo organiza cursos de competencias dixitais ata agosto

AMariñaXa
Actualmente os  participantes están a aprender a realizar compras en liña, comparar prezos e crear documentos de texto de maneira máis profesional
vegadeo-cursos-competencias-dixitais-
24 Jan 2025

O Concello de Vegadeo organiza cursos de competencias dixitais ata agosto de 2025. As formacións abarcan temáticas como o uso de equipos informáticos, teléfonos móbiles, administración electrónica e creación de contidos. Haberá quendas de mañá e tarde.

Nestes cursos os participantes aprende sobre a introdución á informática con conceptos básicos, introdución ao Smartphone, iniciación a Internet, administración electrónica, creación de contidos dixitais, procesadores de texto e Google Workspace.

Actualmente os  participantes están a aprender a realizar compras en liña, comparar prezos e crear documentos de texto de maneira máis profesional.

As inscricións poden realizarse no Concello de Vegadeo. Para máis información, pódese contactar a través do teléfono 985 634 022, o correo electrónico telecentro@vegadeo.es ou o WhatsApp no 697 162 713.

Estes cursos están financiados pola UE dentro do Plan de Recuperación e Resiliencia.

 

 

0.16791987419128