O Concello de Vegadeo licita o proxecto de adaptación da senda peonil desde El Noveledo ata Las Clavelinas
O Concello de Vegadeo sacou a licitación o proxecto de adaptación da senda peonil desde El Noveledo ata Las Clavelinas, no marco do PSTD.
Este proxecto, que conta cun orzamento de 527.067,78 euros, ten por obxecto o acondicionamento para uso peonil da marxe esquerda da estrada AS-11 no núcleo de Vegadeo desde o barrio El Noveledo ata Las Clavelinas (Piantón), o cal supón, ademais dun novo aliciente turístico, unha mellora directa da calidade de vida dos veciños e veciñas que residen no territorio.
Trátase dunha actuación prevista no Convenio entre o Centro para o Desenvolvemento da Comarca Oscos-Eo (CEDER Oscos-Eo) e o Concello de Vegadeo para a execución das actuacións do Plan de Sustentabilidade Turística en Destino (PSTD) Comarca Oscos-Eo no municipio, dentLao do Plan Territorial de Sustentabilidade Turística en Destino do Principado de Asturias 2021, financiado por Fondos da Unión Europea-Next Generation EU.