O Concello de Vegadeo e o IES Elisa e Luís Villamil organizan o Café Faladoiro en Familia
O Concello de Vegadeo e o IES Elisa e Luís Villamil organizan a actividade Café Faladoiro en Familia os días 18 e 25 de abril e 16 de maio.
Estes faladoiros celebraranse no salón de actos do IES Elisa e Luís Villamil de Vegadeo, de 17.30 a 19.00 horas, podendo inscribirse as persoas interesadas a través do Concello de Vegadeo (985 634 022) ou do IES Elisa e Luís Villamil (985 634 377).
O martes 18 de abril a charla estará a cargo de Fernando Lara, psicólogo clínico, e falará sobre o Uso responsable das novas tecnoloxías; o martes 25 Branque Asociación Cultural fará untaller sobre uso de redes sociais para entender a os fillos. Xa por último o martes 16 de maio, volverá Fernando Lara a falar sobre o Benestar emocional en adolescentes.
Entre as persoas participantes sortearase un fantástico premio para gozar en familia.