O Concello de Trabada solicita unha axuda para renovar a vivenda da antiga escola unitaria de Vidal

AMariñaXa
O Concello de Trabada solicitou unha subvención ao Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) para a renovación da vivenda da antiga escola unitaria da parroquia de Vidal.
escola unitaria vidal trabada
18 Abr 2024

O Concello de Trabada solicitou unha subvención ao Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) para a renovación da vivenda da antiga escola unitaria da parroquia de Vidal. “Queremos continuar co proceso de renovación das vivendas das antigas escolas unitarias, como xa fixemos coas de Trabadela, Vilapercide e Sante”, explica o alcalde de Trabada, Rubén García.

Agardan acadar esta axuda para “poder habilitar a vivenda e destinala a uso público e social na parroquia de Vidal”, engade. As actuacións incluídas na subvención permitirían ao Concello, entre outros aspectos, mellorar a eficiencia enerxética da vivenda e, con elo, as súas condicións de seguridade, hixiene e confort.

0.055052042007446