O Concello de Trabada solicita unha subvención para renovar a cuberta da antiga escola de Trabadela
O Concello de Trabada vai solicitar unha subvención para renovar a cuberta da antiga escola de Trabadela, na parroquia de Sante.
En concreto, é unha subvención de concorrencia non competitiva para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos destinadas a concellos de Galicia. Foi solicitada ao Instituto de Estudos do Territorio, pertencente á Consellería de Medio Ambiente, Territorio é Vivenda.
A Orde foi publicada onte, 15 de xaneiro, e o prazo de presentación de solicitudes comezaba hoxe, 16 de xaneiro, as 12:00 horas. A alcaldesa en funcións, Julia María Barcia, foi a responsable de presentar dita solicitude.
O orzamento total da actuación necesaria ascende a 28.571,41 euros. Julia Maria Barcia asegura que “agardamos conseguir esta subvención, dado que puiden solicitar esta axuda en catro minutos dende a apertura do prazo establecido na orde”.
"Queremos continuar mellorando os locais en todas as parroquias e xa que temos unha planificación previa e os proxectos realizados puidemos solicitar dita axuda", engade.
Para resolver os problemas de humidade e filtracións detectados, proponse a renovación dos acabados existentes.
Prevese a desmontaxe das lousas da cuberta existente e a revisión do entablado de base. Renovarase parcialmente con madeira de castaño e sobre esta formación de pendentes colocarase unha lámina impermeabilizante.
A cubrición será de lousa de lousa similar á existente, seguindo as indicacións da Guía de Cor e Materiais de Galicia.