O Concello de Trabada quere renovar a cuberta da casa consistorial

AMariñaXa
O Concello de Trabada solicitou unha nova subvención, neste caso de 20.
21 Xan 2023

O Concello de Trabada solicitou unha nova subvención, neste caso de 20.000 euros, para a renovación da cuberta da casa consistorial.

A convocatoria das axudas, do Instituto de Estudos do Territorio da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia, estaba destinada á reparación de edificios públicos. O orzamento da actuación é de 26.571,22 euros máis IVE, polo que o concello aportará 6.571,22 euros.

Unha vez máis, foi a propia alcaldesa de Trabada, Mayra García Bermúdez, a que considerou idónea esta convocatoria para o concello e a que encargou a realización da memoria técnica presentada. “Nestes casos é cando se comproba que somos un goberno que planifica, que ten proxectos e que, en definitiva, traballa con previsión”, afirma. Tratábase de novo dunha convocatoria en concorrencia non competitiva.

A necesidade da intervención xustifícase nas deficiencias detectadas na cuberta do edificio. Trátase de roturas e desprendementos, así como de moitas pezas que chegaron ao final da súa vida útil. Isto provoca unha deficiente impermeabilización e por tanto humidades no interior.

O aspecto exterior da edificación, coa fachada recentemente renovada, presenta unha imaxe deficiente dende aqueles puntos máis altos nos quese pode observar o contraste co estado da cuberta, o que fai que a integración na contorna non sexa a máis adecuada para a contorna paisaxística. Polo tanto, a actuación proposta constituirá unha notable mellora, reducindo o impacto paisaxístico do edificio, que se sitúa no trazado do Camiño Norte de Santiago.

O obxectivo é protexer a edificación, evitar o seu deterioro e mellorar a calidade da paisaxe rural corrixindo os impactos paisaxísticos que ocasiona, tendo en conta o establecido no artigo 39 da Lei 2/2016 do Solo de Galicia, no que se sinala que os materiais e cores das edificacións serán acordes coa paisaxe rural e as construcción do entorno. É polo que os materiais que se propoñen son madeira de castiñeiro e pizarra.

As actuacións consistirán no desmontaxe das pizarras de cuberta existente. Nivelarase con madeira de castiñeiro naquelas zonas nas que sexa preciso por non presentar unha planeidade perfecta. Sobre esta formación de pendentes colocarase unha lámina impermeabilizante de EPDM e a cuberta será similar á existente, de pizarra.

0.19208002090454