O Concello de trabada solicita subvención para mellorar a rúa Cotarelo

TerraChaXa | AMariñaXa
O Concello de Trabada solicita subvención á consellería de medioambiente para levar a cabo as obras de humanización e mellora da rúa Cotarelo.
4 Mar 2019

O Concello de Trabada solicita subvención á consellería de medioambiente para levar a cabo as obras de humanización e mellora da rúa Cotarelo. O obxectivo que se persegue é o de humanizar unha das rúas máis céntricas e con mais tránsito do noso pobo, mellorar o tránsito e a accesibilidade tanto de vehículos como de peóns.

A mellora desta rúa é unha prioridade do Concello, xa que nesta rúa atópase a única entidade bancaria do Concello, a única farmacia e a única clínica terapéutica, polo que con esta actuación favorece tamén a actividade comercial. Ademáis, a rúa Cotarelo conflúe no seu inicio coa rúa do Concello, pola que transcurre o Camiño de Santiago Norte, recentemente declarado Patrimonio da Humanidade; en frente está situado o Concello, e un espazo público que conta cunha praza, cun parque infantil e a Igrexa Parroquial, polo que tamén mellorarase a imaxe do pobo de cara aos turistas e peregrinos. Xa no seu final, conflúe coa rúa Serra da Cadeira, e comunica coas vivendas sociais nas que viven dezaoito familias, polo que garanten a seguridade dos nenos.
Contar con infraestructuras renovadas, que fomenten a accesibilidade contribúe tamén a que os propietarios de vivendas e inmobles manteñan e conserven o seu patrimonio e a que os propietarios de solares decidan vendelos polo derivado aumento da súa demanda para a construcción de novos inmobles, polo que mellora a economía e frea os desequilibrios sociais.
Cada día moitas persoas enfróntanse a barreiras e problemas cando se moven pólos espazos públicos. Entre eles atópanse, por exemplo as persoas con discapacidade, as persoas maiores, os nenos, acompañantes de nenos pequenos e pais con carriños. Con todo, este grupo de persoas con mobilidade reducida, que tamén inclúe ás persoas con dificultades de aprendizaxe, persoas que levan bolsas pesadas ou maletas voluminosas, persoas con estatura por baixo da media, persoas con pouco coñecemento do idioma local, persoas con problemas de orientación, persoas con problemas de lectura, persoas con problemas de saúde mental, persoas daltónicas, persoas con problemas de artrites na cadeira ou problemas coronarios, persoas recuperándose dunha cirurxía ou enfermidade e persoas con impedimentos temporais, como pernas rotas, etc., polo que é factible que cando menos, unha vez na vida, calquera se atope no grupo.
Polo que a mellora da accesibilidade é unha clara política con visión de futuro que axuda a facer fronte a estes desafios e por iso a beirarrúa proxéctase ao nivel da calzada e cun ancho de 1,80 m no marxe dereito onde se encontra a farmacia e a oficina bancaria moi visitadas polos veciños e proxéctase no marxe esquerdo outra beirarrúa de 0,97 m no punto máis desfavorable que non é o desexable pero tendo en conta que na actualidade nesa marxe da estrada non existe beirarrúa, consideráse unha mellora inportante de cara a seguir um itinerario peatonal seguro e accesible.
Na actualidade encóntrase cun pavimento moi deteriorado, executado con seccións varias e con dobre sentido de circulación, onde só hai un tramo de beirarrúa nos primeiros metros, na marxe dereita, que tamén se atopa en mal estado.
O proxecto consiste nunha rúa ao mesmo nivel, con beirarúas de ancho variable, xa que a rúa non é uniforme, e un só carril de circulación entre os p.k. 0,00 e 0,05, con unha beirarúa de 2,20 m e outra de ancho variable., un carril de aparcadoiro pola marxe esquerda de 2,20 m. e un carril de circulación de baixada de 3,50 m. Os pavimentos que se usarán consistirán en lousas de granito silvestre moreno acabado abuxardado de 10 cm. de espesor no limite entre o domínio público e o privado da acera e lousas de granito silvestre abuxardado de 10 cm. de espesor colocadas planas contra o pavimento da calzada a cal estará formado por dúas capas de 5 cm. de mezclas asfálticas en quente.

0.10742688179016