O Concello de Trabada solicita o plan Camiña Rural 2025-2026 para mellorar camiños e estradas

AMariñaXa
Un investimento de máis de 70.000 euros permitirá mellorar a accesibilidade e seguridade nas parroquias de Vidal, Sante e Ría de Abres
Carril-Trabada
7 Mar 2025

O Concello de Trabada vén de solicitar á Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) o plan Camiña Rural 2025-2026, co cal se mellorarán diferentes estradas e camiños nas parroquias de Vidal, Sante e Ría de Abres. O importe total do proxecto ascende a algo máis de 70.000 euros.

O alcalde de Trabada, Rubén García, sinalou a importancia desta iniciativa para seguir mellorando as infraestruturas locais. "Estas actuacións únense a outras que se van levar a cabo nos próximos meses, coas cales queremos continuar coa mellora das nosas vías municipais", destacou.

Os barrios nos que se executarán as melloras específicas son Carril, A Retorta, Pacios e Follabal, reforzando así o compromiso do Concello coa accesibilidade e seguridade viaria da veciñanza.

 

⚙ Configurar cookies
0.15318202972412