O Concello de Trabada renova estradas en sete núcleos para mellorar a mobilidade e a seguridade viaria

AMariñaXa
A intervención en Orrea, A Trapa, A Cachopa, O Chapizo, San Esteban, O Vilar e O Pantigal forma parte dun plan de actuacións máis amplo para modernizar as infraestruturas municipais
Trabada-obras-estradas-maio-2025
7 May 2025

O Concello de Trabada vén de completar un conxunto de melloras en varios tramos de estradas pertencentes a diferentes núcleos rurais do municipio. As actuacións realizáronse nos barrios de Orrea, A Trapa, A Cachopa, O Chapizo, San Esteban, O Vilar e O Pantigal, cun obxectivo claro: reforzar a seguridade viaria e facilitar a circulación das veciñas e veciños.

Os traballos consistiron no acondicionamento e reparación de vías que presentaban desgaste e deficiencias, co fin de mellorar a calidade das comunicacións internas do municipio e garantir unha rede viaria máis cómoda, segura e funcional.

O alcalde de Trabada, Rubén García, salientou que “desde o Concello mantemos un compromiso firme coa mellora das nosas infraestruturas, porque sabemos que unhas boas comunicacións son imprescindibles para a calidade de vida da veciñanza e tamén para facer do rural un lugar atractivo no que quedar a vivir”.

Estas obras inscríbense dentro dun plan máis ambicioso de investimentos que o goberno local está a desenvolver e que continuará nos vindeiros meses con novas intervencións en distintos puntos do termo municipal. Dende o Concello subliñan que este tipo de actuacións permiten dar resposta ás necesidades reais do territorio e son clave para avanzar nun desenvolvemento equilibrado e sostible.

⚙ Configurar cookies
0.10754299163818