O Concello de Trabada remata a renovación da cuberta da antiga escola unitaria de Trabadela

AMariñaXa
A renovación da cuberta tivo un orzamento de 30.000 euros e para realizar as obras o Concello de Trabada acadou unha subvención de case 20.000 euros
obras-antiga-escola-Trabadela-Trabada
19 Xul 2024

O Concello de Trabada rematou as obras de renovación da cuberta da antiga escola unitaria de Trabadela, unha actuación que se une á recente rehabilitación da primera planta do inmoble.

A renovación da cuberta tivo un orzamento de 30.000 euros e para realizar as obras o Concello de Trabada acadou unha subvención de case 20.000 euros, aportante o goberno local uns 10.000 euros.

“Un paso máis no noso obxectivo de darlle un uso social e para a veciñanza das parroquias das antigas escolas unitarias”, asegura o alcalde de Trabada, Ruben García.

No mes de maio, o concello acadou unha nova subvención do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) para a renovación da vivenda da antiga escola unitaria da parroquia de Vidal.

“Podemos desta forma continuar co proceso de renovación destes inmobles, como xa fixemos coas de Trabadela, Vilapercide e Sante”, engade o alcalde.

0.20634198188782