O Concello de Trabada quere mellorar o tramo do Camiño de Santiago

AMariñaXa
O Concello de Trabada quere mellorar o tramo do Camiño de Santiago que une a capitalidade do municipio coa fonte de porto de Malle
concello trabada
24 Feb 2022

O Concello de Trabada solicitou unha subvención da Xunta de Galicia para acometer un proxecto de mellora e embelecemento do entorno do Camiño de Santiago entre o municipio e unha fonte de gran valor para os veciños situada nas inmediacions de Porto do Malle.

A convocatoria das axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, publicouse onte por parte da Axencia de Turismo de Galicia e o prazo de presentación das solicitudes comezou a pasada medianoite.

O procedemento elixido polo organismo autonómico, outorgando as axudas por orde de chegada das mesmas, obrigou unha vez máis á alcaldesa de Trabada, Mayra García Bermúdez, a tramitar persoalmente a solicitude ás doce da noite.

A actuación consistirá na rexeneración do pavimento no tramo, de 775 metros e un ancho de catro metros, a limpeza de cunetas e o acondicionamento da zona da fonte. Tamén se colocará un banco e unha papeleira no entorno da fuente. As obras teñen un orzamento de 20.000 euros.

“Para o Concello de Trabada, o Camiño de Santiago é unha oportunidade, por iso creamos un pequeno albergue municipal na antiga escola de Sante coa colaboración da Diputación Provincial e temos que aproveitar o seu impacto, polo que esta actuación é moi necesaria”, explica García Bermúdez.

0.16340494155884