Trabada quere mellorar a eficiencia enerxética do Ceip Celso Currás
O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora da eficiencia enerxética do Ceip Plurilingüe Celso Currás de Trabada.
As actuacións que o concello pretende levar a cabo teñen como obxectivo “a renovación completa das cubertas do centro cun novo sistema de cobertura da base de paneis sándwich con illamento, así a execución de todos os traballos auxiliares necesarios para levar para a correcta execución dos mesmos, como a substitución de canlóns e baixantes”, explica o alcalde, Rubén García. O importe deste proxecto ascende a 149.091,19 euros.
A convocatoria de axudas á que se presentou o concello inclúe a mellora da envolvente térmica de edificios e infraestruturas municipais, os illamentos en cubertas e fachadas, ademais da mellora da eficiencia enerxética nos centros educativos de Galicia.
“Agardamos que a Xunta de Galicia concédanos esta subvención para mellorar ou noso colexio”, engade o alcalde, "dando resposta ás demandas da comunidade educativa".
Con respecto a este tema, xa o pasado mes de outubro, a entón alcaldesa do Concello de Trabada, Mayra García Bermúdez, trasladoulle ao conselleiro de Educación da Xunta, Román Rodríguez, “unha demanda da comunidade educativa de Trabada, xa que o inmoble que alberga o CEIP Celso Currás precisa dunha rehabilitación integral que mellore a súa eficiencia enerxética”.