O Concello de Trabada mellorará a accesibilidade ao centro social de Vilapercide

AMariñaXa
O Concello de Trabada informa do remate das obras de rehabilitación da primeira planta da casa escola de Trabadela
Centro Social Vilapercide trabada 2024
27 Feb 2024

O Concello de Trabada solicitou unha subvención de 29.379,70 euros á consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta para a mellora da accesibilidade ao centro social de Vilapercide.

“A actuación consiste na adecuación dun acceso rodado ata unha explanada, onde se disporá dunha praza de aparcadoiro adaptada e un espazo de xiro para vehículos, así como dun acceso destinado a peóns que garanta a accesibilidade universal, cunha pendente suave e un pavimento adecuado que permita o cómodo acceso para persoas con mobilidade reducida”, explica o alcalde de Trabada, Rubén García.

“Dentro deste proxecto, prestamos unha especial atención á integración no entorno, utilizando materiais e acabados que harmonicen coa paisaxe urbano e minimizando o impacto visual mediante a adecuada disposición dos elementos como bordos, muros de pedra e sinalización”, engade.

En resumo, o proxecto proposto para a subvención constitúe unha solución integral para mellorar a accesibilidade e funcionalidade da zona, resolvendo os problemas existentes e contribuíndo ao desenvolvemento sostible e o benestar dos veciños e veciñas.

“Con esta actuación, queremos continuar coa mellora dos locais socias e as instalacións municipais”, remata o alcalde.

0.09627103805542