O Concello de Trabada puxo en marcha un novo servizo móbil Trabada Informa
O Concello de Trabada puxo en marcha e xa está a disposición dos seus veciños e veciñas un novo servizo de información municipal a través do móbil, Trabada Informa.
A partir de agora, todos os bandos, as novas, os anuncios e a información municipal máis relevante do concello poden ser recibidos a través do móbil.
“Un servizo adaptado á realidade na que vivimos, na que as novas tecnoloxías e os móbiles forman parte da nosa vida; con ‘Trabada Informa’ asegurou a alcaldesa, Mayra García Bermúdez, na presentación da aplicación xunto aos concelleiros Julia María Barcia e Rubén García.
Os veciños cun móbil Android, poden darse de alta descargando en Google Play a app ‘Trabada Informa’ ou mediante o código QR da aplicación, mentres que os que teñen terminal IOS deben buscar ‘bandomovil’ na App Store ou mediante o código QR.
Tamén é posible estar informado a través do correo electrónico (hai que entrar para elo en www.bandoemail.com) ou na web www.bandomovil.com/trabada.