O Concello de Trabada proxectará a película 'O Corno' co gallo do 8M
AMariñaXa
O próximo martes, 8 de marzo, o Concello de Trabada organiza o Encontro En feminino, unha charla-coloquio de mulleres
5 Mar 2024
O vindeiro 8 de marzo, o Concello de Trabada proxectará a película O Corno, da directora Jaione Camborda. Esta cita será ás 21.00 horas na casa da cultura.
Esta película está ambientada na Illa de Arousa en 1971, e fala sobre María, que é mariscadora, pero tamén é coñecida na illa por axudar a outras mulleres nos partos con especial dedicación e coidado. Despois dun inesperado suceso, María vese obrigada a fuxir e comeza unha perigosa travesía que lle fará loitar pola súa supervivencia. Na procura da súa liberdade, María decide cruzar a fronteira por unha das rutas de contrabando entre Galicia e Portugal.