O Concello de Trabada promove unha xornada de portas abertas no PAI

AMariñaXa
O mércores, 12 de xullo, o Concello de Trabada promove unha xornada de portas abertas no punto de atención á infancia ou PAI
xornada portas trabada 2023
29 Xuño 2023

O mércores, 12 de xullo, o Concello de Trabada promove unha xornada de portas abertas no punto de atención á infancia ou PAI coa finalidade de dar a coñecer o centro e as actividades que se desenvolven nel.

Este centro conta cun ambiente familiar, con horarios flexibles e con ratios pequenos para dar o mellor servizo ás familias. Esta situado na rúa Serra da Cadeira e para máis información haberá que chamar ao 982 135 011.

xornada portas trabada 2023
0.079554080963135