O Concello de Trabada presentou dous proxectos á convocatoria do Plan de Mellora de Camiños

AMariñaXa
O Concello de Trabada presentou dous proxectos á convocatoria do Plan de Mellora de Camiños para renovar viais de acceso
concello trabada casa consistorial 2022
28 Mar 2023

O Concello de Trabada presentou dous proxectos á convocatoria do Plan de Mellora de Camiños para renovar os viais que dan acceso ao Chao dos Nabais e ao núcleos da Trapa e A Órrea.

“Presentamos esta solicitude á convocatoria da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), cofinanciada co Fondo Europeo Agrícola de Desenvlvemento Rural (Feader), con dous proxectos realizados polo Concello de Trabada para continuar mellorando a nosa rede viaria municipal”, explica a alcaldesa, Mayra García Bermúdez.

A primeira actuación é no vial de acceso ao núcleo de O Chao dos Nabais, cunha lonxitude de 659 metros e un ancho de tres metros. As obras previstas para a mellora do pavimento consistirán na limpeza e posterior asfaltado. O orzamento é de 20.400 euros

A segunda obra é no vial de acceso aos núcleos de A Trapa e A Órrea, cunha lonxitude total de 1.940 metros. Se lle dará un doble tratamento para mellorar o pavimento. Tamén se proxecta a limpeza de cunetas e a formación dunha cuneta de formigón entre os quilómetros 1,659 e 1,648. O orzamento é de 45.550 euros.

“Continuamos desta forma co programa de actuacións na rede de estradas e camiños municipais de todas as parroquias, mellorando a circulación e a seguridade viaria”, engade García Bermúdez.

0.19384002685547