O Concello de Trabada presenta os seus Ciclos Teatrais 2025
O Concello de Trabada organiza os Ciclos Teatrais 2025 no Salón de Actos da Casa da Cultura, a partir das nove da noite. O evento inclúe representacións a cargo de diferentes grupos teatrais e ofrecerá unha variada programación ao longo de varios meses.
O programa abrirase o 1 febreiro coa obra 'A morte morrida', do grupo O Centiño. O 1 de marzo será a quenda de A Adala de Fazouro, coa obra 'Unha morta moi viva'. O 5 de abril, o grupo Trípode presentará a peza 'A presa'. Xa o 3 de maio, o grupo Ardora representará 'Aire fresco', mentres que o 7 de xuño o ciclo pecharase co grupo O Batán e a súa obra 'Promesas de galos'.
Este ciclo teatrais é unha iniciativa promovida polo Concello de Trabada en colaboración coa Deputación de Lugo, co obxectivo de achegar a cultura teatral á veciñanza e fomentar a participación en actividades culturais na localidade.