O Concello de Trabada porá en marcha o programa Madrugadores

AMariñaXa
Coa finalidade de axudar á conciliación da vida laboral e familiar, o goberno municipal decide implantar o programa de madrugadores.
madrugadores nenos xogando
13 Mar 2021

Coa finalidade de axudar a que as familias traballadoras poidan conciliar a vida laboral e familiar, o goberno municipal decide implantar o programa de madrugadores, que se levará a cabo durante todos os días lectivos de 8 a 10 da mañá dende setembro a xuño.

Este servicio está pensado para as familias que necesitan deixar os seus fillos no colexio antes de que comecen as clases e co obxectivo de cubrir todas as necesidades dos nenos e nenas, ofrecemos tamén a posibilidade de incluir o almorzo.

"En Trabada puxemos en marcha o PAI no ano pasado, durante os últimos cursos lectivos, agás este ano pola situación de pandemia que estamos a vivir, levamos a cabo o programa LUDISeráns, no cal os nenos e nenas de 3 a 12 anos podían realizar actividades extraescolares de 16h a 20h. No verán organizamos o campamento polas mañás e agora sumamos este programa de madrugadores porque cremos fundamental dende as Administracións Públicas axudar a conciliar a vida laboral e familiar", di a alcaldesa, Mayra García Bermúdez.

0.17793607711792