O Concello de Trabada pon en marcha unha campaña solidaria de apoio ao pobo ucraíno

AMariñaXa
O Concello de Trabada pon en marcha unha campaña solidaria de apoio ao pobo ucraíno para paliar a crise humanitaria que está a sufrir o país.
recollida solidaria ucraina as pontes
18 Mar 2022

O Concello de Trabada, en colaboración coa Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), pon en marcha unha campaña solidaria de apoio ao pobo ucraíno que ten como obxectivo contribuír a paliar a crise humanitaria que está a sufrir o país.

A través desta campaña humanitaria, o Concello pon a disposición dos refuxiados ucraínos as antigas escolas como vivendas dispoñibles para o seu acollemento, e habilita unha conta solidaria, coa finalidade de recadar fondos para atender as necesidades máis urxentes da poboación afectada polo conflicto. As persoas que desexen colaborar poderán realizar un donativo na seguinte conta bancaria ES49 2080 0161 9531 1000 0096.

O Concello abre tamén a posibilidade de acollemento dos refuxiados por familias nos seus domicilios particulares, proporcionándolles aloxamento alternativo. Para máis información, os interesados poderán dirixirse ao departamento de Servizos Sociais do Concello (982 135011).

Ademais desta campaña, o pleno aprobou unha moción impulsada polo grupo socialista para “reclamar a fin das hostilidades e o retorno á vía da negociación e da diplomacia, reiterando a necesidade de cumprir cos Acordos de Minsk e co dereito internacional”.

O texto expresa a solidariedade “con todas a vítimas deste conflito, dando todo o noso apoio ás organizacións que traballan pola defensa e protección dos dereitos humanos”.

0.16041088104248